Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico con atrapados na estrada N-550, no Punto Kilométrico 37, no termo

Accidente de tráfico con atrapados na estrada N-550, no Punto Kilométrico 37, no termo municipal de Ordes

Accidente de tráfico con atrapados na estrada N-550, no Punto Kilométrico 37, no termo municipal de Ordes

     Ordes.-23/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes participaron na excarceración de dúas persoas que resultaron atrapadas como consecuencia  dun accidente de tráfico acontecido na estrada N-550, no Punto Kilométrico 37, no Concello de Ordes.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cunha colisión entre un turismo e un camión na que ambos condutores resultaran atrapados. A súa intervención consistiu no rescate dos dous condutores e no seu traslado á ambulancia. Deseguido, colaboraron coa Garda Civil nun rastrexo preventivo na busca de posibles vítimas do accidente, posto que o camión atravesara un paseo e un carril bici. Para rematar, ocupáronse da limpeza dos restos sólidos e líquidos da colisión.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autoescaleira. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do GRUMIR e do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar