Ordes.-06/03/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron nun accidente de tráfico acontecido na estrada AC-413, á altura da parroquia de Ardemil, no termo municipal de Ordes.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do sinistro, colaboraron co persoal do 061 nas tarefas de atención e traslado do condutor do vehículo, que resultou ferido no accidente. A continuación, procederon á desconexión da batería do automóbil como medida preventiva.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, do GRUMIR e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.