Coirós.-16/03/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron nun incendio nunha barricada de neumáticos acontecido na autovía A-6, no kilómetro 560, á altura do termo municipal de Coirós.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cuns neumáticos no medio dun carril da autovía A-6, algúns dos cales estaban a arder. No lugar tamén se achou unha bengala, que posiblemente fora empregada para prenderlle lume ós neumáticos. O seu labor consistiu en extinguir o incendio. Nas tarefas de extinción, observaron que ó outro lado da autovía, á altura da mediana, había dez neumáticos máis, do que informaron á Garda Civil.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.