Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Intervención nun accidente de tráfico acontecido no km 25 da Autovía do Barbanz

Intervención nun accidente de tráfico acontecido no km 25 da Autovía do Barbanza, á altura do Concello de Boiro

Intervención nun accidente de tráfico acontecido no km 25 da Autovía do Barbanza, á altura do Concello de Boiro

     Boiro.-21/03/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza interviñeron nun accidente de tráfico acontecido no km 25 da Autovía do Barbanza, en dirección Ribeira, á altura do termo municipal de Boiro.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo envorcado no carril esquerdo, cunha persoa atrapada no seu interior. O seu labor consistiu en liberla, sendo trasladada polo 061 ó Hospital do Barbanza. A continuación, esperaron á retirada do automóbil e limparon a estrada.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda e dous bombeiros do Parque de Bombeiros do Barbanza, un cabo xefe de quenda e un bombeiro do Suparque de Bombeiros do Barbanza e dous vehículos autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico, do 061, do GRUMIR de Boiro e persoal de mantemento da autovía. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar