Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia do Val de Xestoso, no Concello de Monfero

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia do Val de Xestoso, no Concello de Monfero

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia do Val de Xestoso, no Concello de Monfero

     Monfero.-19/04/2011 Tres efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Eume extinguiron un incendio nun vehículo na parroquia do Val de Xestoso, no termo municipal de Monfero.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, procederon a sufocar o incendio, quedando o interior do automóbil totalmente calcinado.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar