Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Lubre, no concello de Bergondo

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Lubre, no concello de Bergondo

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Lubre, no concello de Bergondo

     Bergondo.-03/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos extinguiron un incendio nunha vivenda na parroquia de Lubre, no termo municipal de Bergondo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, observaron que o foco do incendio achábase no primeiro piso dunha vivenda unifamiliar. O seu labor consistiu en extinguir o lume.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Garda Civil e o S.M.P.C. de Bergondo. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar