Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio forestal no termo municipal de Carballo

Extinguido un incendio forestal no termo municipal de Carballo

Extinguido un incendio forestal no termo municipal de Carballo

     Carballo.-19/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron nun incendio nun mato situado na rúa Carré Aldao, no concello de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que estaba a arder unha pequena zona preto da estrada. O seu labor consistiu en extinguir o incendio.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Policía Local e Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, recolleron o material empregado e regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar