Betanzos.-26/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Piadela, no termo municipal de Betanzos.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse co vehículo fóra da vía, entre a maleza. A condutora e única ocupante xa conseguira saír do automóbil, así que o seu labor consistiu en atender á vítima ata que chegou asistencia sanitaria.
Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.