Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Rescate dunha persoa no termo municipal de Santa Comba

Rescate dunha persoa no termo municipal de Santa Comba

Rescate dunha persoa no termo municipal de Santa Comba

     Santa Comba.-29/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala interviñeron no rescate dunha persoa que caeu dentro dun sumidoiro que estaba cheo de escuma na rúa da Ferradura, no concello de Santa Comba.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cunha arqueta aberta da que non paraba de saír escuma. Efectivos da Garda Civil e de Protección Civil indicáronlles que unha rapaza caera polo oco da mesma. O seu labor consistiu no rescate da vítima, para que puidera ser atendida polo persoal sanitario.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e autobrazo. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Santa Comba, Voluntarios de Protección Civil de Santa Comba, GRUMIR de Santa Comba e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar