Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha casa abandonada en Souto de Vigo, no concello de Dodro

Extinguido un incendio nunha casa abandonada en Souto de Vigo, no concello de Dodro

Extinguido un incendio nunha casa abandonada en Souto de Vigo, no concello de Dodro

     Dodro.-06/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nunha vivenda abandonada situaba en Souto de Vigo, no termo municipal de Dodro.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nunha vivenda habilitada como alpendre, na que había almacenados apeiros de labranza e pacas de palla. O seu labor consistiu en sufocar o lume.

     Ata o sitio desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros de Protección Civil de Padrón e persoal da Garda Civil de Rianxo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar