Carballo.-03/08/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio que se produciu nunha parcela situada na rúa Venus, no concello de Carballo.
Ante a chamada dun particular, que deu o aviso, deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que o incendio estaba moi preto de vivendas e avanzaba rapidamente coa axuda do vento. O seu labor consitiu en extinguir o lume.
Ata a zona desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil, do GRUMIR, un axente e unha cuadrilla forestal. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.