Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha vivenda situada na rúa Francisco del Río Romero, no termo

Extinguido un incendio nunha vivenda situada na rúa Francisco del Río Romero, no termo municipal de Boiro

Extinguido un incendio nunha vivenda situada na rúa Francisco del Río Romero, no termo municipal de Boiro

     Boiro.-08/08/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque Comarcal de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nunha vivenda situada na rúa Francisco del Río Romero, no concello de Boiro.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cunha gran cantidade de fume dentro do edificio, localizando o foco do lume nunha das habitacións da vivenda. O seu labor consitiu en extinguir o incendio, asegurándose tamén de que non houbese ninguén afectado ou ferido no interior do inmoble.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse dotacións do Parque e Subparque Comarcal de Bombeiros do Barbanza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local de Boiro, do GRUMIR de Boiro, da Garda Civil e do 061. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar