Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia da Pereira, no termo municipal de Santa Comb

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia da Pereira, no termo municipal de Santa Comba

Extinguido un incendio nun vehículo na parroquia da Pereira, no termo municipal de Santa Comba

     Santa Comba.-20/08/2011 Tres efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala extinguiron un incendio nun vehículo na parroquia da Pereira, no termo municipal de Santa Comba.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun automóbil sen ocupantes e cheo de fume no medio da estrada. Abriron as portas e viron que o que ardera fora a alfombra do condutor, o asento e o volante. O seu labor consistiu en retirar estes elementos, arrefriándoos con auga, e na desconexión da batería como medida preventiva.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico de Corcubión e Voluntarios de Protección Civil de Santa Comba. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar