Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Incendio nunha nave industrial situada na parroquia de Lubre, no Concello de Bergondo

Incendio nunha nave industrial situada na parroquia de Lubre, no Concello de Bergondo

Incendio nunha nave industrial situada na parroquia de Lubre, no Concello de Bergondo

     Bergondo.-01/10/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraindendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Betanzos interviñeron como consecuencia dun incendio acontecido na parroquia de Lubre, no termo municipal de Bergondo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cunha nave industrial con moito fume no seu interior. Despois de facer un rastrexo intensivo coa cámara térmica no local como medida preventiva, ventilaron a nave para eliminar o fume e tratar de localizar o lume. Atoparon o foco do mesmo no falso teito do comedor, pero o lume xa se extinguira por completo. O seu labor consistiu en ventilar todo o recinto, asegurándose de que non existía risco de reignición.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autoescaleira, autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil e do SMPC de Bergondo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar